Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12834

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Medioambiental de Cerceda (expediente NC 0005/2018).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

– Oficinas da sociedade en Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña).

– Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sogama.gal.

2. Obxecto do contrato: venda.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Prezo mínimo oferta: 1,00 euro/Tn sen IVE.

5. Garantías exixidas:

Provisional: 1.500,00 euros.

Definitiva: 2.500,00 euros.

6. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: o 19 de marzo de 2018, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña).

7. Apertura de ofertas:

– Data e hora de apertura sobre «B»: 22 de marzo de 2018, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña).

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 27 de febreiro de 2018

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.