Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 558/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 558/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra Nuova Omsa España, S.A., Sara Lee D.E. España, S.A. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución expresa:

«Acordo a suspensión dos actos de conciliación e xuízo sinalados para o día de hoxe, ás 10.50 horas, posto que este procedemento non se enmarca en ningún dos enumerados na Orde do 5 de febreiro de 2018 de servizos mínimos, e sinalarase novamente para a data e hora que sexa posible atendendo á dispoñibilidade da axenda do xulgado de reforzo -A. Deberanse citar as partes expedindo as oportunas cédulas de citación coas advertencias legais e, de ser o caso, as cédulas de citación e oficio necesarias para a práctica das probas que, de ser o caso, fosen admitidas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora de jurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sara Lee D.E. España, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza