Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO para a contratación das obras de demolición do sexto andar e derradeiro no edificio número 2 da rúa de Lugo e posterior construción da cuberta deste, incluída a confección previa dos proxectos técnicos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Arzúa (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información: na páxina web do concello:

1º. Domicilio: r/ Santiago, nº 2.

2º. Localidade e código postal: Arzúa 15810.

3º. Teléfono: 981 50 00 00.

4º. Telefax: 981 50 09 14.

5º. Correo electrónico: irene.couselo@concellodearzua.com.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellodearzua.com.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes de que remate o prazo de dous meses, para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto de obra e servizo, conforme o disposto no artigo 6, nº 1 e 12 do TRLCSP, xa que se contratan conxuntamente a elaboración do proxecto técnico e a execución das obras, en aplicación do disposto no artigo 124 da referida norma.

b) Descrición: contratación por procedemento aberto das obras de demolición do sexto andar e último no edificio nº 2 da rúa de Lugo (Arzúa) e posterior construción da cuberta deste, incluída a confección previa dos proxectos técnicos.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución:

1º. Prestación de servizo de redacción de proxecto técnico: dous meses desde a formalización do contrato.

2º. Execución da obra: seis meses contados desde a data da aprobación do proxecto técnico de execución, ou desde a data en que se produza o desaloxamento efectivo dos veciños das plantas afectadas pola demolición, se esta data fose posterior.

e) Admisión de prórroga: o prazo contractual só se prorrogará se se condicionan as circunstancias e requisitos exixidos pola lexislación vixente.

f) CPV (referencia de nomenclatura): CPV2008: 45110000 e CPV2008: 45200000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

I. Criterios non avaliables mediante fórmulas, dependentes dun xuízo de valor: ata 80 puntos:

– Valoración do proxecto básico: de 0 a 30 puntos.

– Medidas de seguridade extraordinarias que se van adoptar: de 0 a 20 puntos.

– Grao de coñecemento, experiencia profesional e idoneidade dos medios humanos adscritos para o desenvolvemento dos traballos: de 0 a 30 puntos.

II. Criterios de valoración de aplicación automática mediante fórmulas: ata 20 puntos.

– Oferta económica: de 0 a 10 puntos.

– Mellora do importe da póliza de seguro na modalidade de responsabilidade civil extracontractural exixida na cláusula 18ª do prego, co obxecto de cubrir os danos materiais e/ou corporais e os prexuízos económicos ocasionados a terceiros, con respecto ao límite xeral mínimo fixado de 3.000.000 euros: de 0 a 10 puntos.

4. Prezo do contrato: 233.033,62 euros (192.589,77 euros prezo sen IVE, máis 40.443,85 euros en concepto de IVE ao 21 %).

a) Para posibles desaloxamentos: fíxase unha cantidade máxima de 50.000 euros.

b) Revisión de prezos de contratación: non poderán ser obxecto de revisión.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva ( %): 5 % do importe de adxudicación do contrato, sen incluír o IVE.

Complementaria: equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE. Esta garantía constituirase separadamente e poderá ser devolta unha vez que se formalice a acta de recepción.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): non se exixe, pero a clasificación no grupo C, subgrupos 1, 2, 4, 6, 7, 8 e 9, categoría 2, servirá para acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exixirase de conformidade co previsto na cláusula 11ª, nº 2, punto 1.1, letra K do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dous meses desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no último dos boletíns onde apareza (DOG ou BOP).

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Arzúa; a través dos sobres A, B e C previstos na cláusula 11ª, nº 2, punto 1, punto 2 e punto 3, respectivamente, do prego de cláusulas administrativas particulares. Poderase utilizar o sistema de envío por correo, nos termos que figuran na cláusula 11ª, nº 1, do citado prego.

8. Apertura de ofertas:

a) Apertura do sobre A: no prazo máximo dun mes, desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas, a mesa de contratación examinará a documentación administrativa e comunicará aos licitadores os defectos ou aclaracións e o prazo para emendar.

b) Apertura do sobre B: nun prazo non superior a 7 días, contados desde a apertura da documentación administrativa, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicarán mediante a súa publicación no perfil de contratante.

c) Apertura do sobre C: unha vez emitido o correspondente informe polo Comité de Expertos, a mesa de contratación procederá en acto público á apertura do sobre C no lugar, na data e na hora que se sinalen no taboleiro de anuncios e no perfil de contratante.

d) Enderezo: r/ Santiago, nº 2, Arzúa (A Coruña).

e) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ata un importe máximo de 1.500 euros, que deberá aboar antes da formalización do contrato.

10. Outros gastos: de conformidade co previsto na cláusula 21ª, nº 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Arzúa, 14 de febreiro de 2018

José Luis García López
Alcalde