Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 9 de febreiro de 2018 pola que se notifica o acordo de traslado do recurso de reposición interposto contra a resolución de fixación do prezo xusto de varios predios (expediente 2017000276 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles aos interesados que se relacionan no anexo o acordo de traslado do recurso de reposición e da suspensión do prazo para resolvelo, interposto no proxecto 01654, CS e LMT de evacuación da fotovoltaica Monte Sangal (expediente IN407A 2014/78-4). Tm Cerdedo.

2. Segundo o previsto no artigo 118.2 da Lei 39/2015, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións que consideren procedentes.

3. O texto íntegro do acordo está á disposición dos interesados na sede do Xurado de Expropiación de Galicia, rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela.

4. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado e, en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01654, CS e LMT de evacuación da fotovoltaica Monte Sangal (expediente IN407A 2014/78-4). Tm Cerdedo.

Concello: Cerdedo.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincical de Pontevedra. Oficina Vigo.

Beneficiario: Compañía Fotovoltaica O Sangal.

Acto notificado: traslado do recurso de reposición e suspensión do prazo para resolvelo.

Persoas que se notifican

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Ramiro González Rico (Compañía Fotovoltaica O Sangal)

Ramiro González Rico (Compañía Fotovoltaica O Sangal)

Ramiro González Rico (Compañía Fotovoltaica O Sangal)

Arturo Rey González

2017000276

2017000277

2017000278

2017000277

1

2

3

2

209,18

1.226,91

153,62

1.226,91