Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, de xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia (25 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) División por lotes e número: si, vinte e cinco.

Lote 1

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas

Lote 2

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Baña, Negreira, Carnota, Muros, Mazaricos, Santa Comba

Lote 3

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Ribeira, Lousame, Noia, Outes, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rois

Lote 4

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra

Lote 5

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso, Sobrado, Toques

Lote 6

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada, Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior, Vilasantar

Lote 7

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Monfero, Pontedeume, Ares, As Somozas, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, Valdoviño

Lote 8

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Cervo, O Vicedo, Ourol, Viveiro, Xove, A Pontenova, Barreiros, Ribadeo, Trabada

Lote 9

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Pastoriza, Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba, Xermade

Lote 10

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz, Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto

Lote 11

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade

Lote 12

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Carballedo, Chantada, Taboada

Lote 13

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria, Triacastela

Lote 14

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Sober

Lote 15

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Teixeira, Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, San Xoán de Río, A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso

Lote 16

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós

Lote 17

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea

Lote 18

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, A Peroxa, Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Ourense, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín

Lote 19

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia

Lote 20

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces

Lote 21

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga, A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Estrada, Forcarei

Lote 22

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Bueu, Cangas, Marín, Moaña, A Lama, Barro, Campo Lameiro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade

Lote 23

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo

Lote 24

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Cañiza, Arbo, Covelo, Crecente, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salvaterra de Miño

Lote 25

Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen nos seguintes concellos: A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui

d) Prazo de execución: cinco (5) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 71351914-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 909.090,91 €.

IVE (21 %): 190.909,09 €.

Importe total: 1.100.000,00 €, IVE incluído (a distribución por lotes é a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283450

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

Información de índole técnica: 981 54 65 92.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data e hora límite de presentación: ata as 19.00 horas do 9.4.2018.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Cada licitador poderá presentar ofertas para un ou varios lotes, é dicir, non hai limitación na presentación de ofertas por lotes, aínda que se limitará a adxudicación a un máximo de catro (4) lotes, sen prexuízo das excepcións establecidas na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que serán anunciadas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é de 10,82 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1.3.2018.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria