Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se anuncia a licitación para a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desprazamento dos participantes do programa Reencontros na Terra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

2º. Enderezo: praza de Mazarelos, 15.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 981 54 72 81.

5º. Telefax: 981 54 72 96.

6º. Correo electrónico: emigracion.contratacion@xunta.es

7º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 3/2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa Reencontros na Terra.

c) División por lotes: non leva.

d) Lugar e prazo de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

e) CPV: 63510000-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 192.160 €, máis 3.000 € de IVE.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica ou profesional: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, salvo que sexa sábado, domingo ou festivo, en cuxo caso se prorrogará ao día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Secretaría Xeral da Emigración.

2º. Enderezo: praza de Mazarelos, 15.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

8. Apertura das ofertas.

a) Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

b) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (acto público).

c) Hora: ás 9.30 horas.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración