Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican as persoas interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións relativas ao parque eólico Pena Forcada-Catasol II (IN661A 2010/3-1).

Por Resolución do 22 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para o parque eólico Pena Forcada-Catasol II, no concello de Laxe (A Coruña), e promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (IN661A 2010/3-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a Asociación Ecoloxista Verdegaia, a Asociación Medioambiental Contramínate e a Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas