Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notificaca o inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Xefatura Territorial do Medio Rural, situadas na rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo. 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 21 de febreiro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

– Propietario: nº 230.

Interesada: Sagrario Novoa Arroyo.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria. O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

– Propietario: nº 230.

Interesado: Isaac Novoa Arias.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria. O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

– Propietario: nº 230.

Interesado: Sagrario Novoa Arias.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria. O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourene).

– Propietario: nº 381.

Interesada: Mª del Carmen Vázquez López.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria. O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).