Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13687

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de contratación do servizo de limpeza de cunetas e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais.

Na Xunta Local de Goberno do 13 de febreiro de 2018, aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións de servizo de limpeza de cunetas e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais do concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza de cunetas e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais do concello de Mos.

CPV 90600000.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato:

Lote1: 67.000 euros máis 14.070 euros de IVE.

Lote 2: 67.000 euros máis 14.070 euros de IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. Rúa Reguengo, 1, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince días naturais desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio o que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 13 de febreiro de 2018

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa