Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación dun contrato de subministración do equipamento necesario para modernizar o almacenamento, a virtualización e o sistema de apoio e recuperación de datos deste consello.

O conselleiro maior do Consello de Contas, mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2018, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de subministración de distinto equipamento para a modernización do almacenamento, da virtualización e do sistema de apoio e recuperación de datos da estrutura informática da institución, co detalle que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 16.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: secret@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 18/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto; a adxudicación rexerase polas normas reguladoras da subministración.

b) Descrición: subministración do hardware e software necesarios para a modernización dunha cabina de almacenamento, un sistema de virtualización de servidores (subministración do software –licenzas– de virtualización) e un sistema de backup unificado. Complementariamente, e durante todo o período de vixencia do contrato, o contratista prestará un servizo de soporte técnico e mantemento de primeiro nivel para todos os compoñentes da oferta.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de entrega:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

e) Prazo de execución: un mes para a instalación dos equipamentos e programas. Tres anos para a subministración de parches e solucións para os programas instalados e reparación ou substitución do hardware subministrado. Tres anos de soporte técnico.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 48800000, 48781000-6 e 48710000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterios de adxudicación:

c.1) Suxeitos a un xuízo de valor (0-20 puntos).

1) Características do plan de execución (0-10 puntos).

2) Usabilidade das ferramentas de administración (0-10 puntos).

c.2) Avaliables mediante fórmulas ou táboas de puntuación (0-80 puntos).

1) Prezo (0-55 puntos).

2) Cabina: capacidade neta SSD/Flash (0-20 puntos).

3) Cabina: capacidade neta SAS (5 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 57.850,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 53.450 euros. IVE (21 %): 11.224,50 euros. Importe total: 64.674,50 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentación acreditativa da capacidade de obrar do empresario, da súa habilitación e, de ser o caso, da súa representación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional:

b.1) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de entre os tres últimos exercicios rematados, que deberá ser igual ou superior a 86.775,00 €. O volume anual de negocio acreditarase mediante as contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, nos termos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

b.2) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a achega dunha relación das principais subministracións do mesmo tipo ou natureza realizadas nos cinco últimos anos, indicando o seu importe, as datas e se o seu destinatario foi público ou privado. As subministracións acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Será preciso que o importe anual certificado para o ano de maior execución iguale ou supere os 40.495,00 €.

c) A acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a seguir ou por correo (artigo 80 do RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2º. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1. Sobre A: en acto non público, cualificación documental. Antes do décimo segundo día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións.

a.2. Sobre B: en acto público, proposicións. Antes do oitavo día seguinte ao de apertura dos sobres A. A data e hora exactas serán publicadas no perfil do contratante cunha antelación mínima de 48 horas.

a.3. Sobre C: en acto público, proposicións. A data e hora exactas serán publicadas no perfil do contratante cunha antelación mínima de 48 horas.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 euros.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior