Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto, documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da mellora do saneamento en Cedeira, fase I, cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 (clave OH.315.1146).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Augas de Galicia.

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.315.1146.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da mellora do saneamento en Cedeira. Fase I. Cedeira (A Coruña).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: Cedeira (A Coruña).

e) Prazo de execución: trece (13) meses.

f) Admisión de prórroga: non procede prórroga que implique incremento de gasto.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 26.971,47 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e os das modificacións contractuais previstas á alza.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 24.466,80 euros. Importe total: 29.604,83 euros.

6. Financiamento europeo:

– Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07, Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2, Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético, e prioridade 6 de desenvolvemento rural, Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

7. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia: as condicións mínimas da solvencia económica e financeira acreditarase coa cifra anual de negocios e da técnica e profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 8.563,38 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

b) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28 de marzo de 2018.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e nas horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

10. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, e do sobre B, coas ofertas que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 17 de abril de 2018 ás 9.00 horas.

11. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

12. Outras informacións:

a) Modificacións contractuais previstas: prevese a posibilidade de eventuais modificacións contractuais nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax, correo electrónico ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que este acto público de apertura das ofertas se modifique, esta circunstancia farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia