1. Entidade adxudicadora.
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde durante a execución das obras de construción dun edificio de 36 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses, rúa Ignacio Grobas, Vigo (Pontevedra).
b) Prazo de execución: dous (2) anos e un (1) mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.
c) Forma: multicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: sesenta e seis mil catrocentos tres euros con noventa e un céntimos (66.403,91 €).
b) IVE (21 %): trece mil novecentos corenta e catro euros con oitenta e dous céntimos (13.944,82 €).
c) Importe total: oitenta mil trescentos corenta e oito euros con setenta e tres céntimos (80.348,73 €).
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.
7. Obtención de documentación.
O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que terá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=284997, e no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350.
8. Presentación das ofertas.
As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.
9. Apertura das ofertas.
O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.
10. Gastos do anuncio.
O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018
A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo


