Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación dun contrato para a explotación da cafetaría e das máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos no Hospital Nicolás Peña (expediente AB-EIV1-18-022).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 38.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite do prazo de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: explotación da cafetaría e das máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos no Hospital Nicolás Peña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: cinco (5) anos.

e) CPV: 55330000-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 5.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación:

Canon mínimo anual: 2.500,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 50 % do canon anual ofertado polo adxudicatario.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo de presentación da solicitudes coincide en día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

a) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: acto público de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 2.7 do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 2 de marzo de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo