Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da obra Proxecto de construción de acondicionamento e mellora da accesibilidade no contorno do faro da Estaca de Bares, concello de Mañón, tramitación ordinaria, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: execución das obras necesarias de limpeza e mellora dos pavimentos do aparcadoiro existente e do tramo de estrada de entrada ao faro da Estaca de Bares, así como a adecuación dos espazos públicos existentes á normativa de accesibilidade.

Prazo de execución: tres (3) meses, desde a acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 244.422,01 €.

IVE (21 %): 51.328,62 €.

Importe total: 295.750,63 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=276370

Información de índole técnica; teléfono 881 99 60 68.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 63 85.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se exixe clasificación como contratista de obras, pero as empresas que acrediten a súa clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría 2, considerarase esta última substitutiva da solvencia económica e financeira, técnica e profesional.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo sexto (26º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia