Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14057

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro do 2018, do tribunal nomeado para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, convocada mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro), pola que se lle dá publicidade do acordo de aprobación da relación definitiva de admitidos e excluídos, coas puntuacións provisionais de méritos de aspirantes admitidos.

En sesión que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2018, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2018 (DOG núm. 26, de 6 de febreiro) pola que se nomea o tribunal de selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico,

ACORDOU:

Aprobar e facer públicas as listas definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, coas puntuacións provisionais de méritos dos aspirantes admitidos. Estas listas publicaranse na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboleiro de anuncios.

De acordo co disposto na base 6.2. da convocatoria, os/as aspirantes admitidos/as disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para faceren as alegacións que xulguen oportunas con respecto á valoración provisional de méritos.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

María Isabel Barros Pena
Presidenta do tribunal