Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14385

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 21 de febreiro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde desta consellería do 19 de decembro de 2017 (DOG nº 12, do 17 de xaneiro de 2018) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto directivo na Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante Orde desta consellería do 19 de decembro de 2017 (DOG nº 12, do 17 de xaneiro de 2018) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018.

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: xerente executivo/a da Barbanza.

Nome e apelidos: Salvador Mariño-Ageitos Monteagudo.

DNI (*): *****123X.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.