A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
En consecuencia, por proposta da dirección da axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 1 de marzo de 2018, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este Acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 1 de marzo de 2018, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública