Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato privado de seguros (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos), nas anualidades 2018-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=220187

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 66512200 (Servizos de seguros de asistencia médica).

d) Medios de publicación e datas dos anuncios de licitación: DOUE do 9 de novembro; BOE nº 278, do 16 de novembro e DOG nº 227, de 29 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado do contrato: 5.333.333,33 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 4.000.000,00 € (exento de IVE), conforme a seguinte distribución por anualidades:

2018: 1.916.667,00 euros.

2019: 2.000.000,00 euros.

2020: 83.333,00 euros.

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 5 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato. 15 de febreiro de 2018.

c) Contratista: Mutua General de Cataluña (NIF: V-08846644).

d) Importe de adxudicación: 3.500.000,00 € (exento de IVE), conforme a seguinte distribución por anualidades:

2018: 1.531.250,00 euros.

2019: 1.750.000,00 euros.

2020: 218.750,00 euros.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte