Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha planta solar fotovoltaica en Vilardevós (expediente IN408A 2018/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación de produción de enerxía eléctrica que se cita:

Solicitante: Raiola Future, S.L. (CIF B27487149).

Domicilio: rúa A Maciñeira, 32; parque empresarial Sete Pontes, CP 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación: parque solar fotovoltaico de 1.500 kW de potencia nominal e LMT de evacuación.

Situación: Monte Outeiro das Minas, Vilar de Cervos, concello de Vilardevós. Parcelas con referencia catastral: 32092A06801684; 32092A06801682, 32092A06801681. Coordenadas UTM ETRS89: x: 635583, y: 4639510, con acceso pola estrada OU-1008, p.q. 3,7.

Características técnicas:

– Instalación solar fotovoltaica, para evacuación á rede de distribución, tipo II (Real decreto 1578/2008, do 26 de setembro) de 1.500 kW de potencia nominal (1.498,5 kWp), dotada de 5.550 módulos fotovoltaicos de silicio policristalino de 270 Wp/u, marca SHARP, modelo: ND-RJ270; 41 seguidores solares a dous eixes de BRAUX, modelo ONLINE; 2 inversores SMA Sunny Central SC 760 CP, de potencia nominal 750 kW/ud.

– Transformador de potencia de 1.600 kVA, con R/T 340/20.000 V, cos seus elementos de corte, protección e servizos auxiliares, en edificación (Power Station), que tamén integra os citados inversores.

– Centro de protección, control e medida (CPCM), anexo á Power Station.

– Liña eléctrica enterrada de evacuación, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1 12/20 3×(1×95) mm2 Al 2OL, de 77 m de lonxitude con orixe no CPCM e final no centro de seccionamento (CS) proxectado.

– CS situado a pé de poste no lugar de entroncamento na LMT VII807, apoio C3D3913L/67-8-19, con tres celas de liña+cela de SSAA, con illamento e corte en SF6, e telecontrol.

– Orzamento total: 896.700 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións dirixidas a este organismo no prazo de vinte días.

Ourense, 9 de febreiro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense