Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14340

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG número 245, do 28 de decembro de 2017, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 58976, no artigo 12.4.b) in fine, onde di: «Os proxectos deberán acadar 60 puntos na baremación para seren aprobados», debe dicir: «Os proxectos deberán acadar as seguintes puntuacións mínimas para seren aprobados:

Modalidades a) e b) 1º do artigo 5: 50 puntos.

Modalidades b) 2º e 3º do artigo 5: 30 puntos».