Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14600

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 48, do 8 de marzo de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 13954, no punto I.2.2, onde di: «Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título graduado en educación secundaria obrigatoria.», debe dicir: «I.2.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo».

– Na páxina 13976, suprimir o punto 7 do anexo I.