Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14755

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, de postos directivos entre o persoal laboral de administración e servizos.

Convocada mediante Resolución da Universidade de Vigo, do 5 de decembro de 2017 (DOG núm. 238, do 18 de decembro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos desta universidade.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Adxudicarlles os postos que se indican:

– Director dos centros de apoio á investigación, a José Benito Rodríguez González.

– Directora técnica da Oficina de I+D, a María Ángeles López Lozano.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir o día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O persoal designado para ocupar estes postos de libre designación poderá ser apartado discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 1 de marzo de 2018

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo