1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: AMT-2018-0046.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de atención ás persoas usuarias dos sistemas e tecnoloxías da información da Xunta de Galicia en ámbitos periféricos, CAU periférico, incluídas actividades de prestación do servizo de atención e xestión das incidencias, xestión das peticións, xestión dos problemas e xestión do acceso. Todo isto coordinado desde a función dun centro de atención a usuarios.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data estimada de inicio do servizo. A data estimada de inicio dos servizos é o 17 de novembro de 2018. Se a data de formalización do contrato for posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 1.848.000,00 € (sen IVE).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 616.000,00 € máis 129.360,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 745.360,00 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=287756
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 16 de abril de 2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
• Entidade: Rexistro da Amtega.
• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas:
O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.3.2018.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia