1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: AMT-2018-0043.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: esta contratación ten por obxecto o servizo de apoio no deseño e implantación das medidas necesarias para lograr a adecuación ao Regulamento xeral de protección de datos, Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, na Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 36 meses contado a partir do 1.10.2018. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 36 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 2.124.345,00 € (sen IVE).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 708.115,00 €, máis 148.704,15 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 856.819,15 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=287757.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 17.4.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
• Entidade: Rexistro da Amtega.
• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 8.3.2018.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia