Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15270

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Por Resolución do 18 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia nº 19, do 26 de xaneiro) aprobáronse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez transcorrido o prazo establecido para a presentación de reclamacións sobre as listas provisionais, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 25 de setembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A lista definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A lista de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes definitivamente excluídas que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito no cal a persoa interesada faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Rodríguez Gómez, Iria

44476316C

96

Sánchez Domínguez, Lorena

44461986L

96

Código

Descrición

96

Non ser persoal laboral fixo