Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15286

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

A norma II.4. da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 20 de setembro de 2016 (DOG núm. 188, do 3 de outubro), pola que se regula o procedemento de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria, establece que a inscrición das persoas aspirantes nas listas así como a súa elaboración se efectuará consonte o procedemento regulado nos números II.4.1 e II.4.4 da Resolución do 13 de xuño de 2016 pola que se dispón a publicación do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño) ou disposición equivalente que o substitúa.

Logo de finalizado o prazo indicado na norma II.4.4 do citado pacto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes, no proceso de actualización.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos