Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración sucesiva de medicamentos parenterais (expediente MI-SER1-18-019).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 38.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 9 de abril de 2018.

d) Número de expediente: MI-SER1-18-019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de medicamentos parenterais para os centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/20.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33610000-9, 33622000-6, 33650000-1, 33661100-2, 33660000-4 e 33600000-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

a) Oferta económica

b) Criterios técnicos

c) Criterios de servizo

0-60

0-30

0-10

4. Valor estimado do contrato: 21.020.442,78 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 8.084.785,68 euros. Importe total: 8.408.177,10 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do orzamento de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de abril de 2018.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 30 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de febreiro de 2018.

12. Outras informacións: si, ver número 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos