Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de evolución, mantemento, soporte especializado e dinamización de diversos espazos na internet, 3 lotes (expediente AMT-2018-0039).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0039.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de evolución funcional e tecnolóxica, mantemento, soporte especializado e dinamización de diversos espazos e portais, no relativo a diversos ámbitos funcionais:

Lote 1: Portal GaliciaAberta: http://emigracion.xunta.gal.

Lote 2: Portal EidoLocal: www.eidolocal.gal.

Lote 3: Portais do ámbito da modernización tecnolóxica, en que se inclúen:

– Portal https://amtega.xunta.gal.

– Portal do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia www.osimga.gal.

b) División por lotes e número: si, 3.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 18 meses contados a partir:

• No caso do lote 1, do 19.9.2018.

• No caso do lote 2, do 16.6.2018.

• No caso do lote 3, do 16.10.2018.

Se a data de formalización do contrato é posterior ás datas indicadas, o prazo de execución de 18 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Valor estimado: 1.166.400,00 € (sen IVE), distribuído segundo os lotes:

• Lote 1: 417.600,00 €.

• Lote 2: 518.400,00 €.

• Lote 3: 230.400,00 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 486.000,00 €, máis 102.060,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 588.060,00 € (cincocentos oitenta e oito mil sesenta euros), que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:

• Lote 1: Portal GaliciaAberta:

– 2018: 33.833,00 € + IVA (7.104,93 €) = 40.937,93 €.

– 2019: 116.000,00 € + IVA (24.360,00 €) = 140.360,00 €.

– 2020: 24.167,00 € + IVA (5.075,07 €) = 29.242,07 €.

Total: 174.000,00 € + IVA (36.540,00 €) = 210.540,00 €.

• Lote 2: Portal EidoLocal:

– 2018: 78.000,00 € + IVA (16.380,00 €) = 94.380,00 €.

– 2019: 138.000,00 € + IVA (28.980,00 €) = 166.980,00 €.

Total: 216.000,00 € + IVA (45.360,00 €) = 261.360,00 €.

• Lote 3: Portais do ámbito de modernización tecnolóxica:

– 2018: 13.333,00 € + IVA (2.799,93 €) = 16.132,93 €.

– 2019: 64.000,00 € + IVA (13.440,00 €) = 77.440,00 €.

– 2020: 18.667,00 € + IVA (3.920,07 €) = 22.587,07 €.

Total: 96.000,00 € + IVA (20.160,00 €) = 116.160,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=288627.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 16.4.2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.3.2018.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia