1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: AMT-2018-0040.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación o servizo de evolución funcional, mantemento e soporte especializado de diversos espazos e servizos web do eido da Cultura.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contados a partir do 1.11.2018. Se a data de formalización do contrato é posterior ás datas indicadas, o prazo de execución de 18 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 380.160,00 € (sen IVE).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2158.400,00 € máis 33.264,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 191.664,00 € (cento noventa e un mil seiscentos sesenta e catro euros), que se distribúen nas seguintes anualidades:
• 2018: 17.600,00 € + IVE (3.696,00 €) = 21.296,00 €.
• 2019: 105.600,00 € + IVE (22.176,00 €) = 127.776,00 €.
• 2020: 35.200,00 € + IVE (7.392,00 €) = 42.592,00 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=288631.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 16.4.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
• Entidade: Rexistro da Amtega.
• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.3.2018.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia