Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 febreiro de 2018 pola que se notifica a resolución que declara en situación de abandono o barco de bandeira noruega Loffen, con matrícula BAV 894.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Oystein Midtsundstad, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 5 de xaneiro de 2018 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara o barco que se cita, varado no porto de Camariñas, en situación de abandono, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada sen ningunha actividade desde hai uns 5 anos, con base no establecido no artigo 302 do Real decreto lexislativo 2/2011 (BOE núm. 253, do 20 de outubro), que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2, prevista na Lei 6/2003 (DOG núm. 240, do 11 de decembro), unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai a proceder á venda da embarcación e, se esta resultar falida, ao seu traslado a centro de despezamento ou vertedoiro autorizado, sendo todo os custos que xeren estas actuacións á cuesta do propietario.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia