Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017103TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de febreiro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2017103TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Antonio Manuel Balsa López.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Antonio Manuel Balsa López o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, en Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 20 de febreiro de 2018

María Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2017103TA-LU.

Interesado: Antonio Manuel Balsa López.

DNI: 33999261V.

Último enderezo coñecido: Pena, San Román do Val, 1, 27860 O Vicedo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).