Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo da recollida e traslado de mostras clínicas, correspondencia, roupa e contedores de agullas ás unidades e servizos dependentes da Xestión Integrada de Santiago de Compostela (expediente AB-EIS1-18-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-18-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo da recollida e traslado de mostras clínicas, correspondencia, roupa e contedores de agullas ás unidades e servizos dependentes da Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse os pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Xestión Integrada de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): _

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

– Criterios valorables de forma non automática (sobre B):

1º. Características dos vehículos: 0-15 puntos.

2º. Características das neveiras: 0-5 puntos.

3º. Características accesorios para transporte/subxección: 0-5 puntos.

4º. Desinfección interior dos vehículos: 0-5 puntos.

– Criterios valorables de forma automática (sobre C):

1º. Prezo: 0-70 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 885.960,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 513.600,00 euros. Importe total: 621.456,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: si; véxanse os pregos.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: _

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 10 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: –.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de marzo de 2018.

12. Outras informacións: –.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela