Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de marzo de 2018, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar os expedientes de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que xulguen pertinentes; poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 1 de marzo de 2018

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Groucho.

Signatura: V-PO-001877.

Razón social: Víctor Manuel de las Heras Cores.

Domicilio: Teófilo Llorente, 16, baixo.

Concello: 36202 Vigo.

Establecemento: Geppetto.

Signatura: V-PO-002956.

Razón social: Manuel J. Lago Acuña.

Domicilio: Teófilo Llorente, 35.

Concello: 36202 Vigo.

Establecemento: Nuevo Costa Brava.

Signatura: V-PO-001506.

Razón social: Jesús Baltasar Fernández Iglesias.

Domicilio: Baredo, Rocamar.

Concello: 36300 Baiona.