De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no Edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: OU-28/2017 RE.
Interesado: José Luis Vigo Soto.
Acto notificado: resolución.