Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15784

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de aprobación definitiva dun estudo de detalle.

O Pleno do Concello, en sesión do 21 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións, presentado por Ramón Iglesias Leboráns e redactado polo arquitecto Luis Antonio Garea Rodríguez, con data do 3.7.2017, presentado no concello o 17.7.2017 (r.e. 3148), para o reaxuste de aliñacións das parcelas con referencias catastrais 15013B50300287, 15013B50300286 e 7920405NH2472S, que dan fronte á estrada AC-300, no lugar de Sabaxáns, Bastavales.

O presente acordo notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no Rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Brión, 21 de febreiro de 2018

José Luis García García
Alcalde