Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018 que modifica a Resolución do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios, do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, de xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia (25 lotes).

Logo de advertir un erro na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, no anexo 1 do prego de prescricións técnicas e no anexo 3 do proxecto de prospección arqueolóxica que rexen nesta licitación,

DISPOÑO:

Realizar a seguinte corrección nos ditos documentos:

Na columna «Número máximo de elementos» do lote 5, onde di: «1.111», debe dicir: «654».

O anuncio desta rectificación enviouse ao Diario Oficial de la Unión Europea o 9 de marzo de 2018 e anunciarase igualmente no Boletín Oficial del Estado.

O novo prazo de presentación das ofertas rematará ás 19.00 horas do 17.4.2018.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria