Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15954

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018 pola que se fai pública a ampliación do crédito existente para a concesión das axudas previstas na Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro.

O 19 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TU501B).

No artigo 3 das citadas bases reguladoras prevíase que as subvencións obxecto da devandita resolución se imputarán cun crédito total de 2.500.000 € á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2016 00002, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán levar á subvención oportuna.

Así mesmo, prevese que nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios en que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.

Tendo en conta que existe crédito susceptible de ser utilizado para este fin, derivado da existencia de remanente doutra convocatoria financiada con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, considérase conveniente ampliar o importe inicial en 404.589,40 €, de maneira que se acade un maior grao de execución orzamentaria e se poida atender o maior número de solicitudes presentadas.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliación de créditos

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TU501B), por un importe de 404.589,40 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2016 00002. Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 2.904.589,40 €.

Esta modificación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia