Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de equipamento de cociña, con adecuación de espazos, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada (expediente AB-SER3-18-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

iv) Teléfono: 881 54 18 38.

v) Telefax: 881 54 27 62.

vi) Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 11 de abril de 2018.

d) Número de expediente: AB-SER3-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: dotación e equipamento completo de cociña, con adecuación de espazos, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como o sistema necesario de distribución de alimentos aos pacientes, bandexas e vaixela incluídas, para levar a cabo a prestación do servizo de restauración aos pacientes. Inclúe tamén a adaptación e/ou remodelación dos locais. Intégranse coa prestación principal as actuacións necesarias para a subministración, instalación e equipamento dos sistemas de distribución de alimentos a pacientes das cociñas satélite nos centros dependentes.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

i) Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

ii) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

e) Prazo de execución: tres meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 39314000-6 e 45212500-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: anteproxecto de adecuación de locais e instalacións ata 25 puntos, organización do servizo e da súa rastrexabilidade ata 10 puntos, oferta económica ata 55 puntos, duración da garantía ata 5 puntos e tempo resolución avisos ordinaria ata 5 puntos. Véxase o número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 3.099.173,55 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.099.173,55 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 3.750.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, e ademais adscrición de medios: véxanse os números 6.6.2.2.d) e e) do PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 11 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: en sobres pechados. Véxase a cláusula 5 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobres B e C en actos públicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Ver o número 3.4 do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos