Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para realizar auditorías de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia con fondos non comunitarios, no marco do Plan anual de auditorías 2018.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA21/2017.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=236230

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: consiste na realización do servizo para realizar auditorías de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia con fondos non comunitarios, no marco do Plan anual de auditorías 2018.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 243, do 26 de decembro de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: corenta e seis mil douscentos oitenta euros con noventa e nove céntimos (46.280,99 €), IVE excluído.

b) IVE: nove mil setecentos dezanove euros cun céntimo (9.719,01 €).

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 20 de febreiro de 2018.

b) Data de formalización: 28 de febreiro de 2018.

c) Entidade adxudicataria: BM Neira Auditores, S.L.P.

d) Importe de adxudicación: 36.784,00 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da
Consellería de Facenda