De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 8 de marzo de 2018, pola que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar (Ourense).
– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar; a dirección da obra está contratada polo Servizo Galego de Saúde.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao do asinamento da encomenda, ata o día 31 de xaneiro de 2021.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018
Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde