Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 22/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 22/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Meizoso Félix contra Segur Ibérica, S.A., Fogasa, Consorcio Landwell-Pricewaterhousecoopers Tax and Legal Services (admon.) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: PO. Reclamación de cantidade nº 22/2016.

Demandante: Juan José Meizoso Félix.

Letrada: Sra. Acuña Vecino.

Demandados: Segur Ibérica, S.A.

Letrado:

– Administración concursal de Segur Ibérica, S.A.: Consorcio Landwell-Procewaterhourse Tax and Legal Services: non comparece.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza número 93/2018.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018.

Decido.

– Estimar a demanda formulada por Julio Joel Balbuena Zarzuela contra Limperhostel, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboar ao primeiro a suma de 1.552,20 euros en concepto de débeda salarial e fin de contrato, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Iberica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza