Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento microinformático para centros educativos no marco do Proxecto Abalar, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0051).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a subministración de equipamento microinformático para os centros educativos públicos que imparten ensinanzas dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13 de xuño de 2017.

DOUE: 10 de xuño de 2017.

BOE: 20 de xuño de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.250.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 1.250.500,00 € máis 262.605,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.513.105,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Coremain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 1.513.100,16 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia