De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o días seguinte.
Pontevedra, 5 de marzo de 2018
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: INC-PO-0095/2017-VNA.
Denunciado: José Antonio Villar Millán.
Acto de notificación: resolución.
Expediente: MON-PO-0071/2017-VNA.
Denunciado: Ángel Miguel Bouzas Alfonso.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: MON-PO-0086/2017-CSA.
Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.
Acto de notificación: proposta de resolución.