Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 7 de febreiro de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Martín.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Martín e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 17 de xullo de 2017, Rita Vázquez Vázquez (76839701J), Inés Patiño Vázquez (35305045E) e Martín Patiño Vázquez (35312450K) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Martín.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Inés Patiño Vázquez (35305045E) e Martín Patiño Vázquez (35312450K), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Martín.

Situación:

Cuadrícula número: 38.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 27.11.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Rita Vázquez Vázquez (76839701J), Inés Patiño Vázquez (35305045E) e Martín Patiño Vázquez (35312450K)

Novos titulares: Inés Patiño Vázquez (35305045E) e Martín Patiño Vázquez (35312450K)

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 7 de febreiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo