Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16492

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de febreiro de 2018 pola que se autorizan as ensinanzas artísticas profesionais de danza no centro de ensinanzas artísticas Danza 10 Studio, da Coruña.

A titularidade do centro Danza 10 Studio, da Coruña, solicita a autorización para impartir as ensinanzas artísticas profesionais de danza.

Logo da tramitación do expediente de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, coa Orde do 5 de decembro de 1996, que o desenvolve, e co Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, en que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar as ensinanzas profesionais de danza no centro que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas de danza (CEDA).

Denominación específica: Danza 10 Studio.

Código do centro: 15033095.

Titular: Soundance 360, S.L.N.E.

Domicilio: rúa José María Rivera Corral, 1 local 8A-CC Comcor.

Localidade: A Coruña.

Código postal: 32004.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Composición resultante:

Ensinanzas elementais de danza: 90 postos escolares.

Ensinanzas profesionais de danza: 180 postos escolares.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria