De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias desta xefatura territorial, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.
A Coruña, 7 de marzo de 2018
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesados:
Lavandeira Martínez, Carlos.
Lavandeira Martínez, María Isabel.
Acto notificado:
Emprazamento.
Zona de concentración parcelaria:
San Vicenzo de Curtis (Vilasantar, A Coruña).