En aplicación do disposto no número 3 da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, e visto o informe técnico, sométese a información pública polo prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente de regularización do cemiterio parroquial de San Vicente, segundo o proxecto redactado por Urbes Gestión del Suelo, con data de xuño de 2017, de acordo co que se indica a seguir:
Nº expte. |
Solicitante |
Asunto |
Situación |
1849/2017 |
Juan Ventura Martínez Reboeiras e/r da Parroquia de San Vicente do Grove |
Regularización do cemiterio parroquial de San Vicente do Grove |
Cemiterio de San Vicente do Grove |
Queda o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo para formular alegacións na oficina técnica do concello, situada na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, 3º andar (O Grove), das 9.00 ás 14.00 horas.
O Grove, 22 de febreiro de 2018
José A. Cacabelos Rico
Alcalde presidente