Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de marzo de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VP-C 172/17 e tres máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.

O acto obxecto de notificación adoptouno o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 1 de marzo de 2018

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 172/17.

Persoa interesada: Pilar Vallés Herrero, en representación de herdeiros do Sr. Vallés González.

DNI/NIE/NIF: ...601S.

Expediente: VP-C 181/17.

Persoa interesada: Juan José Perille Martínez, en representación de irmáns Bellón Lamas, S.L.

DNI/NIE/NIF: ...082E.

Expediente: VP-C 205/17.

Persoa interesada: Javier García Lalinde.

DNI/NIE/NIF: ...959C.

Expediente: VP-C 209/17.

Persoa interesada: Cristian López Rodríguez.

DNI/NIE/NIF: ...841Z.