Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 16989

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de marzo de 2018 pola que se modifica o prazo de presentación de solicitudes de diversos procesos selectivos.

No DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2018, foron publicadas as ordes polas que se convocaban os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2; corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos; corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas; corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información; corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica; corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola; e na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

No DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018, foron publicadas as ordes polas que se convocaban os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna; corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna; corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola quenda de promoción interna; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola quenda de promoción interna; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, pola quenda de promoción interna.

En consideración ao establecido no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

dispón:

Modificar os prazos de presentación de solicitudes para os anteditos procesos selectivos do seguinte xeito:

• Para os procesos selectivos publicados en data 7 de marzo de 2018, o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 8 de marzo ata o día 6 de abril de 2018, ambos incluídos.

• Para os procesos selectivos publicados en data 8 de marzo de 2018, o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 9 de marzo ata o día 9 de abril de 2018, ambos incluídos.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda