Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 16992

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de marzo de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2017 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Logo de estimados os recursos de alzada que formularon María García Chao e Felisa Marzabal Expósito respecto da puntuación da fase de concurso en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017, modificando a puntuación da fase de concurso e a puntuación final do concurso-oposición das seguintes aspirantes:

Especialidade

Quenda

NIF

Apelidos e nome

Puntos oposición

Puntos concurso

Concurso-oposición

Física e Química

L

76868477Q

García Chao, María

6,6284

3,5000

5,5855

Debe colocarase na lista de persoas que superaron o concurso-oposición desta especialidade no posto nº 25

Lingua e literatura galega

L

34260008J

Marzabal Expósito, Felisa

6,8490

3,0000

5,5660

Debe colocarase na lista de persoas que superaron o concurso-oposición desta especialidade no posto nº 44

Segundo. O disposto no punto anterior supón a modificación do número de orde da lista de persoas que superaron o concurso-oposición nestas especialidades, que figuraban no anexo da Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria